Título node Learning object

A igualdade en Contratos-programa
Ven, 18/09/2020 - 09:19
logo

Está aberto o prazo para solicitar a convocatoria de Contratos-programa. Como sabedes, trátase dun programa a través do cal se achegan recursos extraordinarios para o traballo en distintas liñas de actuación. Neste curso escolar ofrécese de xeito diferenciado unha liña de actuación que se ocupa expresamente dos obxectivos coeducativos (modalidade 3: IGUÁLA-T). Pódese consultar toda a información relacionada con contratos-programa nas seguintes ligazóns:

Prazo de presentación das solicitudes: do 15 de setembro ao 6 de outubro de 2020.

Se necesitades asesoramento para solicitar a convocatoria non dubidedes en contactar coa asesoría de Igualdade por teléfono (881 997 598) ou correo electrónico (asesoria.igualdade@edu.xunta.gal).