Resolución provisional dos centros premiados na convocatoria do Premio pola Igualdade Carmen López-Cortón 2019

Lun, 09/12/2019 - 16:48
Resolución provisional dos centros premiados na convocatoria do Premio pola Igualdade Carmen López-Cortón 2019

Achégase a resolución provisional pola que se fai pública a relación de centros premiados conforme ao disposto no apartado 8 da Resolución do 14 de maio de 2019, da Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa, pola que se convoca o Premio pola Igualdade Carmen López-Cortón 2019 para os centros docentes públicos de ensino non universitario da Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional.

A publicación abre un prazo de cinco días hábiles para realizar reclamacións ou alegacións. Solicítase que se adianten estas reclamacións ou alegacións a través do correo electrónico participacioneducativa@edu.xunta.es.