Título node Learning object
O repositorio de espazoAbalar ampliou novamente a súa oferta, nesta ocasión con 56 novos contidos educativos en formato dixital. Coa nova actualización do repositorio alcánzanse os 3.428 recursos, dispoñibles en varios idiomas, para os seguintes niveis educativos: educación infantil, primaria, secundaria, bacharelato e ciclos formativos.
Os contidos proceden de:
Da licenza por formación no curso 2017/18 de Carlos Mariño e Ignacio Salgado "Mens sana in corpore sano" feito en Ardora para 1º da ESO na materia de Educación Física:
· Mens sana in corpore sano
Da licenza por formación no curso 2017/18 de Noela Vallejo Senra e Margarita Porto Espinosa para 2º ESO na área de tecnoloxía feito con Exelearning:
· Robótica en el aula
Da licenza por formación no curso 2017/18 de X. Paulo Rendo Martínez e M. Sonia Fernández Casal para 1º, 2º e 3º da ESO feito en Exelearning e Geogebra:
· Funcións - 1º ESO
· Funcións - 2º ESO
· Funcións - 3º ESO (parte I)
· Funcións - 3º ESO (parte II)
Da licenza por formación no curso 2017/18 de Javier Prado Espiñeira para infantil e 1º de primaria:
· Fonotic
Da licenza por formación no curso 2017/18 de Jorge Guerrica-Echevarría Sancho e Silvia Rodríguez Dorribo formado por un paquete de videos co currículo de ciencias da natureza en 5º e 6º de primaria:
· Curro e Pancha coa natureza
Da licenza por formación no curso 2017/18 de Jorge Campos Mondelo para educación infantil:
· Habilidades metalingüísticas: Actividades sobre Conciencia silábica para a PDI
Da licenza por formación no curso 2017/18 de María Manuela Abella Cruz con materiais creados con Edilim para 5º de primaria:
· Activistas en defensa do medio
· A aventura espacial
· cambio climático
· A atmosfera e o clima
· Protexer o medio ambiente
· Movementos da Terra e da Lúa
· Universo
· Planeta azul
· Representación da Terra
· Sistema Solar
· desenvolvemento sustentable
· xurelo
Da licenza por formación no curso 2017/18 de Mª Esther Fariña Santórum e José J. Eiras Sánchez en HTML5 para 1º de primaria:
· Roteiros de aprendizaxe: Grafomotricidade (minúsculas)
Da licenza por formación no curso 2017/18 de Pilar Buela Piedra e Juan Carlos Montejano Rivas para 1º de ESO feito con Edilim e Exelearning:
· Trouleando: O Bloque Oriental
· Trouleando: O Bloque Occidental
· Trouleando: O Bloque Central
Da licenza por formación no curso 2017/18 de José Manuel Bouzán Matanza con unidades didácticas integradas de caracter multidisciplinar para 5º de primaria:
· A clasificación dos seres vivos – O universo e a Terra
· As plantas – Clima e vexetación
· Os ecosistemas - A poboación
· A relación humana - A organización de España e Europa
Da licenza por formación no curso 2017/18 de Yolanda Varela Guzmán e Mª Xesús Diéguez Rojo que ten por título "De lingua en lingua":
· De lingua en lingua: Outubro
· De lingua en lingua: Novembro
· De lingua en lingua: Decembro
· De lingua en lingua: Xaneiro
· De lingua en lingua: Febreiro
· De lingua en lingua: Marzo
· De lingua en lingua: Abril
· De lingua en lingua: Maio
· De lingua en lingua: Xuño
Da licenza por formación no curso 2017/18 de Ana e Jessica Miranda Saburido que ten por título "Musigal":
· Musigal 1
· Musigal 2
Da licenza por formación no curso 2017/18 de Marcos Fernández Pardo co proxecto “Veremeo traballa no hospital” no que atoparemos un conxunto de tarefas e
actividades baseadas nos principios de ludificación:
· Veremeo traballa no hospital: O noso corpo e o seu funcionamento
· Veremeo traballa no hospital: Aparellos e sistemas
Da licenza por formación no curso 2017/18 de José Fernández Maneiro con unidades didácticas integradas centradas na materia de Xeografía e Historia para 2º da ESO:
· A cidade
· A poboación
· medio físico de España e Galicia. As paisaxes naturais
Da licenza por formación no curso 2017/18 de José M. Boo Pouso con Unidades didácticas integradas para 5º de primaria:
· Xeografía de España: Accidentes xeográficos
· Xeografía de España: Clima e vexetación
· Xeografía de España: Poboación
· Xeografía de España: Actividades económicas
Da licenza por formación no curso 2017/18 de María González Lopo consistente nunha ferramenta web para practicar a compresión e a expresión orais e escritas da lingua francesa:
· Femmes dans l’histoire
Da licenza por formación no curso 2017/18 de María del Carmen González Díaz e Belén Pérez Aldariz con espazos web de Ardora dentro do proxecto: "Literatura galega e castelá (1900-1975). Unha visión conxunta e integrada":
· Poesía de principios do S. XX a 1936
· Poesía de 1936 ata a democracia
· Narrativa de principios do S. XX a 1936
· Narrativa de 1936 ata a democracia
· Teatro de principios do S. XX a 1936
· Teatro de 1936 ata a democracia
Aquelas persoas que elaboran material educativo e estean interesadas en ceder este material para o seu uso no repositorio de contidos dixitais do espazoAbalar, dispoñen dun procedemento no que se explican os pasos a seguir.