Título node Learning object

Xornadas galegas de linguas estranxeiras. Curso 2018-2019 "EDULINGÜE +. Experiencias en Linguas Estranxeiras"
Mar, 09/04/2019 - 11:10
EduLingüe

A Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional organiza as Xornadas galegas de linguas estranxeiras. Curso 2018-2019 baixo o título EDULINGÜE +. Experiencias en Linguas Estranxeiras, enmarcadas na estratexia Estratexia Galega de Linguas Estranxeiras 2020.

O programa inclúe conferencias, experiencias e comunicacións presentadas por persoas relatoras de diversos contextos académicos e diferentes nacionalidades, así como por profesorado de distintos centros educativos galegos. Outro aspecto de interese é a participación do alumnado que cursou programas da Estratexia EDUlingüe2020, que aportará a súa propia visión e experiencia. A actividade está aberta a todo o profesorado.

Data: sábado 4 de maio

Lugar: Palacio de Congresos e Exposicións de Galicia (Santiago de Compostela)

Inscrición:  en Fprofe co código G1802017