Consellería de Cultura, Educación e Universidade
Publicado en Consellería de Cultura, Educación e Universidade (https://www.edu.xunta.gal/portal)

Inicio > Xornadas galegas de linguas estranxeiras. Curso 2018-2019 "EDULINGÜE +. Experiencias en Linguas Estranxeiras"

Xornadas galegas de linguas estranxeiras. Curso 2018-2019 "EDULINGÜE +. Experiencias en Linguas Estranxeiras" [1]

Enviado por boletin a Mar, 09/04/2019 - 11:10

A Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional organiza as Xornadas galegas de linguas estranxeiras. Curso 2018-2019 baixo o título EDULINGÜE +. Experiencias en Linguas Estranxeiras, enmarcadas na estratexia Estratexia Galega de Linguas Estranxeiras 2020.

O programa inclúe conferencias, experiencias e comunicacións presentadas por persoas relatoras de diversos contextos académicos e diferentes nacionalidades, así como por profesorado de distintos centros educativos galegos. Outro aspecto de interese é a participación do alumnado que cursou programas da Estratexia EDUlingüe2020, que aportará a súa propia visión e experiencia. A actividade está aberta a todo o profesorado.

Data: sábado 4 de maio

Lugar: Palacio de Congresos e Exposicións de Galicia (Santiago de Compostela)

Inscrición:  en Fprofe [2] co código G1802017

Gallego
EduLingüe [3]

File: 

PDF icon Programa Xornadas galegas de linguas estranxeiras [4]

Tema: 

Formación [5]
Xornadas [6]
Linguas [7]

Sección: 

Boletín [8]

URL fonte: https://www.edu.xunta.gal/portal/node/27487

Ligazóns
[1] https://www.edu.xunta.gal/portal/node/27487
[2] https://www.edu.xunta.gal/fprofe/
[3] http://www.edu.xunta.gal/portal/sites/web/files/content_type/learningobject/2019/04/09/ac3368a9b780878e0468d2b93cb43f99.jpg
[4] http://www.edu.xunta.gal/portal/sites/web/files/content_type/learningobject/2019/04/15/32932ec0fa07cccb30cbf3713aaebcef.pdf
[5] https://www.edu.xunta.gal/portal/taxonomy/term/153
[6] https://www.edu.xunta.gal/portal/taxonomy/term/225
[7] https://www.edu.xunta.gal/portal/taxonomy/term/230
[8] https://www.edu.xunta.gal/portal/taxonomy/term/613