Adxudicación provisional do concurso de traslados específico para cubrir prazas de xefatura de Departamento de Orientación nos colexios públicos de educación infantil e primaria, de educación primaria e de educación especial para o ano 2019

Mér, 20/03/2019 - 08:55

De acordo co establecido na base décimo quinta da Orde do 26 de novembro de 2018 pola que se convoca concurso específico entre o persoal funcionario docente do corpo de mestres para cubrir prazas de xefatura de Departamento de Orientación nos colexios públicos de educación infantil e primaria, de educación primaria e de educación especial dependentes desta consellería (DOG núm. 237, do 13 de decembro), o persoal concursante poderá presentar reclamación á resolución provisional no prazo de 10 días hábiles contados desde o día seguinte ao da publicación da adxudicación de destinos provisionais na páxina web da Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional.

Igualmente, e no mesmo prazo, o persoal concursante poderá presentar renuncia a súa participación no concurso.

  • O prazo para reclamacións e renuncias, e o comprendido entre o día 21 de marzo e o 3 de abril ambos incluídos.

As ditas reclamacións e renuncias presentaranse polos procedementos aos que alude a base sexta e remitiranse ademais por correo electrónico a persoal.primaria@edu.xunta.gal

De acordo coa base segunda, se a praza adxudicada é un centro de orientación compartido, poderá consultar se ten centros compartidos e/ou adscritos no Anexo II ou no Anexo III da orde pola que se convoca este concurso específico.