Título node Learning object

Actualización dos navegadores web Mozilla Firefox e Chromium nas maquetas Abalar
Ven, 01/03/2019 - 13:04
Actualización dos navegadores web Mozilla Firefox e Chromium nas maquetas Abalar

Actualmente, na maqueta Abalar, non se estaban actualizando a versións recentes os navegadores web Mozilla Firefox e Chromium, coa finalidade de poder garantir que algúns dos recursos educativos que empregaban tecnoloxías Flash ou Java continuasen funcionando axeitadamente.

Por motivos de seguridade, resulta imprescindible realizar a actualización destes navegadores web ás versións máis recentes.

Esta actualización redundará nunha maior seguridade do equipo e da información que contén, un mellor rendemento no seu uso diario, e a incorporación das novas funcionalidades que integran as versións máis recentes destes dous navegadores.

Estas actualizacións realizaranse ao longo das próximas semanas, de forma automática para as distintas versións en soporte da maqueta Abalar.

Menús Learning object node R