Título node Learning object

Proxecto Libertas na Fundación Camilo José Cela
Ven, 18/01/2019 - 09:39
Proxecto Libertas na Fundación Camilo José Cela

Dentro dos actos para conmemorar neste 2019 o 30 aniversario da concesión do premio Nobel ao escritor padronés, inaugurouse o pasado venres 18 na sede da Fundación Pública Galega Camilo José Cela a exposición Proxecto Libertas, organizada polo Centro PEN Galicia e o Instituto de Mediación Educativa de Ribeira (IMER), e coa colaboración da Fundación Pública, do Concello de Padrón, do IES Macías o Namorado e da propia Consellería de Cultura e Turismo.

Esta exposición irá acompañada de visitas guiadas polo presidente do IMER (os días 1 e 15 de febreiro e 1 de marzo, ás 17,00 horas) e por unha proposta didáctica organizada polo Centro PEN Galicia e o IMER. Se abordarán temáticas coma a represión nas artes, o machismo e o fomento da diversidade. Está dirixido a alumnos de ESO e Bacharelato e terá lugar todos os venres de febreiro e o 1 de marzo polas mañás (máximo 30 alumnos, imprescindible reserva previa).

Para a reserva das visitas guiadas e dos obradoiros poderase contactar no teléfono da Fundación Pública 981 81 24 25 ou no enderezo electrónico visitas@fundacioncela.com.