Ampliación do prazo de presentación das solicitudes de participación nos premios a curtas de animación en galego elaboradas no marco do programa Nós tamén creamos! para o curso académico 2018/2019

Ven, 11/01/2019 - 11:59
Ampliación do prazo de presentación das solicitudes de participación nos premios a curtas de animación en galego elaboradas no marco do programa Nós tamén creamos! para o curso académico 2018/2019

A Secretaría Xeral de Política Lingüística da Consellería de Cultura e Turismo e a Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa da Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional amplían o prazo para presentar solicitudes para os premios a curtas de animación en galego elaboradas no marco do Programa Nós tamén creamos! para o curso académico 2018/2019, convocados ao abeiro da Resolución da Secretaría Xeral de Política Lingüística da Consellería de Cultura e Turismo e da Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa da Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional pola que se aproban as bases e se convocan os premios a curtas de animación en galego elaboradas no marco do Programa Nós tamén creamos! para o curso académico 2018/2019.

  • O novo prazo de presentación de solicitudes rematará o 18 de xaneiro de 2019 (incluído).