Convocatoria para participar no programa Lanzadeiras 2018/2019

Lun, 08/10/2018 - 16:50
     Convocatoria para participar no programa Lanzadeiras 2018/2019

O programa Lanzadeiras desenvolvese dentro do plan de Emprendemento no Sistema Educativo de Galicia, eduemprende que supón unha aposta clara e firme pola implantación na comunidade educativa nos niveis non universitarios da cultura emprendedora. O plan eduemprende constitúese como o marco onde coordinar as sinerxías en materia emprendedora que actúen sobre o sistema educativo, ordenando e planificando a súa aplicación. O obxectivo global deste plan é lograr un avance sensible na cultura do emprendemento no noso alumnado e propor instrumentos que permitan coñecer os logros alcanzados.

Ten coma finalidade promover a innovación e o emprendemento en todas as etapas do sistema educativo co obxectivo de potenciar as competencias profesionais, sociais e persoais do alumnado.