Título node Learning object

11 de outubro, Día Internacional da Nena
Lun, 08/10/2018 - 12:34
11 de outubro

A ONU conmemora o 11 de outubro o Día Internacional da Nena co fin de promover os avances no recoñecemento dos seus dereitos en todo o mundo. As nenas sofren situacións de especial dificultade no acceso á educación, a unhas condicións de vida dignas e libres de violencia, á libre decisión sobre as súas vidas e a outros dereitos de promoción social polo feito de seren mulleres. A Axenda para o Desenvolvemento Sostible fixou como obxectivo número 5 "lograr a igualdade entre os sexos e empoderar a todas as mulleres e nenas".

Para obter máis información pódense consultar as seguintes ligazóns: