Título node Learning object

Calendario da igualdade
Lun, 17/09/2018 - 13:36
FPROFE

Este mes de setembro arranca a actividade de formación do profesorado "Calendario da igualdade". Con esta actividade búscase dotar de recursos e experiencias ao profesorado para que poida anticiparse ás datas sinaladas no calendario da igualdade e momentos decisivos no curso escolar co fin de afondar na perspectiva de xénero no traballo docente.

 

Duración: todo o curso, 1 sesión cada mes
Horas: 30 h presenciais + 20 h de traballo na casa
Lugar: nos seguintes CFR: CAFI, A Coruña, Lugo, Ourense, Pontevedra e Vigo.
Inscrición: a través de FPROFE

Os temas que se van traballar son os seguintes:

setembro: lecturas coeducativas para renovar as programas didácticas e preparar o Día Internacional da Nena. Esta sesión impartiraa Montse Vilar (librería Lila de Lilith) e Gracia Santorum (IES Laxeiro).
outubro: experiencias para abordar o Día Internacional da Violencia de Xénero. Esta sesión impartiraa Carme Adán (IES Politécnico de Vigo) e Raquel Malvárez (Gabinete Aira).
novembro: ideas para abordar o Día Internacional dos Dereitos Humanos cunha perspectiva de xénero. Esta sesión impartiraa un equipo de docentes da materia de filosofía (Carme Adán e África López).
decembro: suxestións para elaborar recomendacións para as familias respecto do xogo, do xoguete e videoxogo coeducativo (anticipando o nadal). Esta sesión impartiraa Maite Sanmartín (experta en xénero) e Irimia Fernández (experta en xoguetes).
xaneiro: ideas para abordar o Día Internacional da Muller e da Nena na Ciencia. Esta sesión impartiraa Iolanda Fernández Casal (experta en xénero).
febreiro: ideas para abordar o Día Internacional da Muller. Esta sesión impartiraa Carme Moure (IES Xelmírez I).
marzo: pautas para elaborar unha orientación laboral e profesional libre de estereotipos, anticipando a escolla de itinerarios. Esta sesión impartirana Silvia Pérez e María Alba Sousa (RETNOVA).
abril: suxestións para introducir as mulleres no currículo das materias lingüísticas anticipando o mes das Letras. Esta sesión impartirana un equipo de docentes con traballo en lingua e literatura (Olga Novo, Encarna Otero, Felisa Redondo, Mariló Camiña e Carme Blanco).
xuño: experiencias arredor do Día Internacional do Orgulo LGTBI. Esta sesión impartirana un equipo de docentes de centros con boas prácticas nesta materia (Ana Ojea e Marcos Barreira), a Asociación Nós Mesmas (Eli e Raquel) e a Asociación Arelas (Cristina Palacios).

 

IMPORTANTE: de haber algún problema coa inscrición (ex. fóra de prazo), podedes contactar coa asesora responsable de cada actividade nos distintos CFR ou ben coa Asesoría de Igualdade. É importante que saibades tamén que as persoas que gocen ou gozaran de permiso de maternidade/paternidade ou coidado dun familiar nos últimos 2 anos teñen prioridade no acceso ás actividades formativas.

CAFI: Marián Rego (981 522 411)
CFR da Coruña: Arancha Folgar (981 274 221)
CFR de Lugo: Bea López (982 251 068)
CFR de Ourense: Rebeca Muñoz (988 241 533)
CFR de Pontevedra: Susi Trastoy (986 872 888)
CFR de Vigo: Ana Justo (986 202 370)

Asesoría de Igualdade: Mónica Baleirón (881 997 598, asesoria.igualdade@edu.xunta.es)