G1701115 Formación Inicial para novos Equipos Directivos. Fase I

No mes de xullo de 2018, celébrase na Escola Galega de Administración Pública (EGAP) de Santiago de Compostela a actividade formativa G1701115 Formación inicial para novos equipos directivos. Fase I, destinada ás persoas que compoñen equipos directivos de novo ingreso.
Mér, 04/07/2018 - 10:34
Departamento de Equipos Directivos CAFI
Departamento de Equipos Directivos CAFI

Os días 10, 11 e 12 de xullo desenvolverase a actividade formativa G1701115 Formación Inicial para Novos Equipos Directivos. Fase I na súa edición de 2018, na Escola Galega de Administración Pública (EGAP) de Santiago de Compostela. As persoas asistentes forman parte dos equipos directivos de novo ingreso na función directiva, co nomeamento a día 1 de xullo e que non teñan ocupado estes postos con anterioridade.

Esta actividade pretende achegar a estes equipos directivos de recente nomeamento unha serie de ferramentas básicas para abordar con garantías a súa nova realidade laboral nos seus novos postos nos centros educativos.

OBXECTIVOS

1. Coñecer os aspectos normativos, organizativos e de xestión de centros educativos na nosa Comunidade Autónoma.

2. Adquirir as habilidades persoais, sociais, relacionais e de liderado precisas para o desempeño eficaz da función directiva.

3. Adquirir as competencias necesarias para xestionar a participación e implicación nun proxecto común.

 

CONTIDOS

1. Marco normativo aplicable aos centros educativos.

2. Organización e xestión dos centros docentes: estrutura, coordinación e participación da comunidade educativa.

3. A xestión de recursos de centro: administrativos, económicos, humanos e materiais.

4. Os servizos complementarios nun centro educativo.

5. Liñas estratéxicas e ferramentas institucionais.

6. O liderado educativo: pedagóxico, organizativo, emocional e de xestión.

7. Planificación anual: cronoloxía de accións.

 

Menús CAFI node R

 

Sección

Áreas-CAFI