Xornadas

Xornadas de información e orientación profesional 2018
Lun, 14/05/2018 - 16:29
O vindeiro xoves 31 de maio, celebraranse no CIFP Compostela, en Santiago de Compostela, as Xornadas de información e orientación profesional 2018, dirixidas a profesionais da orientación dos centros educativos. Trataranse temas de interese xeral dentro do ámbito do departamento de Orientación centrados sobre todo na inserción profesional, a mellora da empregabilidade do alumnado, o uso seguro e responsable das TIC, o acceso á formación profesional, ademais de outros núcleos temáticos enfocados a fornecer a competencia dos orientadores e das orientadoras dos centros educativos.
 
As persoas interesadas en participar deberán inscribirse na aplicación de formación do profesorado, a través da ligazón fprofe, empregando como criterio de busca a referencia da actividade S1702005.
 
O prazo de inscrición remata o 23 de maio de 2018.