Título node Learning object

Concurso de Canción Infantil ON, Operación Natureza
Ven, 11/05/2018 - 12:20
Concurso de Canción  Infantil   ON, Operación Natureza

A Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do territorio, a través da Dirección Xeral de Patrimonio Natural, convoca o I Certame de Canción sobre a Natureza, Operación Natureza (ON) cos seguintes obxectivos: promocionar, difundir e divulgar os valores do patrimonio natural de Galicia, impulsar a educación e a participación na conservación dos recursos naturais, incrementar a sensibilidade ambiental para fomentar actitudes que respecten o medio natural, promover a interpretación e comunicación ambiental incentivando a creatividade musical.

Pode participar alumnado de Educación Infantil, Educación Primaria, ou de Centros de Educación especial , e só se admitirá ao concurso tres grupos como máximo por centro.  O alumnado concursante haberá de presentarse en grupos cun mínimo de dez persoas e un máximo de trinta compoñentes entre os que se inclúen voces, músicos e acompañantes. Permitirase un adulto de acompañante (directores ou instrumentistas, pero non cantantes ou intérpretes). Non se admitirán os vídeos con gravacións musicais que non reúnan os requisitos esixidos nestas bases.

Normas de presentación e Documentación que teñen que presentar os participantes:

A presentación a este concurso é libre e gratuíta.

Para presentarse ao concurso será necesario realizar e enviar unha maqueta en formato audiovisual (.mp4) cos seguintes requisitos:

  • A maqueta que envíen para participar será de música orixinal e inédita que nunca fose difundida nin en soporte físico nin a través das redes sociais e conterá unha única canción.

  • As cancións serán presentadas mediante a gravación dun vídeo en directo sen que estea permitido o uso de música pregravada e interpretado tal e como vai ser executado no concurso. A duración máxima por canción é de 4 minutos.

  • Os traballos deberán ser inéditos

  • A letra debe ser realizada polos integrantes do grupo do Centro de Educación, e se identificará o compositor da música.

  • Os vídeos correctamente identificados e a documentación adxunta enviaranse por correo electrónico á dirección: concurso.patrimonionatural@xunta.gal

  • No correo electrónico deberá constar o Nome e datos do Centro educativo, nome do grupo, así como o nome, apelidos, D.N.I., teléfono de contacto e teléfono móbil, dirección completa e correo electrónico do representante do grupo.

  • Achegarase nun arquivo xunto coa maqueta a seguinte documentación:

  • Relación de compoñentes do grupo especificando a súa función dentro deste e instrumentos, con indicación dos seus nomes e apelidos e das súas idades, fotocopia do DNI de todas as persoas compoñentes ou, no seu caso, do libro de familia, así como autorización dos pais ou titores legais para a realización da actividade e a súa difusión.

  • Título, letra das cancións presentadas e duración.

  • Admítese toda a documentación complementaria que se considere oportuna, en soporte dixital, referida á posta en escena, escenografía, vestiario, etc.

Rexeitaranse os envíos que non cumpran as normas anteriormente citadas.

Todas as cancións serán obxecto de difusión nos medios de comunicación e redes sociais da Xunta de Galicia e da Consellería de Medio Ambiente e ordenación do territorio.

Prazo de presentación

O prazo de presentación das cancións comezará o 2 de maio de 2018 e rematará o 30 de maio de 2018.

Aceptación das bases.

A participación no concurso supón a aceptación na súa totalidade das presentes bases que poden ser consultadas polos centros participantes na http://galicianaturaleunica.xunta.gal

Para calquera consulta poden dirixirse por escrito ao correo electrónico:

concurso.patrimonionatural@xunta.gal