Titulo Description node R

A dirección. Novas dinámicas
Xov, 26/04/2018 - 13:27

O modelo de dirección foi cambiando conforme foron sucedendo os diferentes marcos normativos no ámbito educativo.

Coa publicación da LOCE no ano 2002 prodúcese unha notable transformación do modelo, xa que se pasa dun proceso electivo no acceso ao cargo á instauración dun modelo baseado na selección realizada por unha comisión designada ao efecto, na cal se teñen en conta os méritos dos candidatos. Posteriormente coa LOE (2006) consolídanse a maior parte dos cambios anteriores introducíndose algunhas modificacións que devolven parte do protagonismo á comunidade e aos docentes poñendo especial fincapé na necesidade de obter o apoio da comunidade educativa.

Ambas Leis Orgánicas establecían, como segunda fase do proceso de selección de directores e directoras, a obrigatoriedade de cursar un Programa de Formación Inicial, que se debería de superar para obter o nomeamento definitivo. O deseño e organización do programa corría a cargo das Comunidades Autónomas. Iso supuxo, durante algúns anos, diferenzas no programa de formación inicial entre unhas Comunidades Autónomas e outras.

A aprobación da LOMCE (2013) supuxo unha nova transformación do modelo directivo, pasando a converterse esta formación específica para o exercicio do cargo nun requisito imprescindible para o acceso á dirección. Dita formación, recoñecida a través dunha acreditación, está regulada polo Real Decreto 894/2014, de 17 de outubro, no que tamén quedan regulados os cursos de actualización de competencias directivas.

O aumento da autonomía dos centros educativos e o reforzo da capacidade de xestión da dirección é un factor clave na transformación do Sistema Educativo para atender ás novas demandas de aprendizaxe do século XXI.

Real decreto 894/2014, do 17 de outubro, polo que se desenvolven as características do curso de formación sobre o desenvolvemento da función directiva establecido no artigo 134.1.c) da Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación, así como dos correspondentes cursos de actualización de competencias directivas.

Menús Description node R

Sección

Áreas-CAFI