I Congreso Aliméntate ben
Xov, 26/04/2018 - 10:58
logo

A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, en cooperación coa Consellería de Sanidade, coa Consellería do Mar, coa Consellería de Medio Rural e a Escola Galega de Consumo, e en colaboración con Sogama e a USC, organizan o I Congreso Aliméntate ben. Neste congreso alumnado de toda Galicia dará a coñecer os proxectos que desenvolven nos seus centros arredor da promoción de hábitos de vida saudable a través da alimentación. Ademais, na sesión de tarde expoñeranse experiencias e modelos de boas prácticas para pequenos e grandes.

Data: 3 e 4 de maio de 2018
Lugar: Palacio de Congresos e Exposicións (Santiago de Compostela)
Persoas destinatarias: alumnado, profesorado e familias

 

Detalle do programa:

  • xoves 3 de maio: actividades co alumnado de infantil e primaria
    • actividades educativas para o alumnado
    • pases explicativos dos proxectos presentados polos centros educativos
    • actividades lúdicas para os tempos de lecer
    • charlas para o profesorado e as familias (sesión de tarde)
    • entrega de premios
  • venres 4 de maio: actividades co alumnado de secundaria e ciclos
    • actividades educativas para o alumnado
    • pases explicativos dos proxectos presentados polos centros educativos
    • actividades lúdicas para os tempos de lecer
    • charlas para o profesorado e as familias (sesión de tarde)
    • entrega de premios
    • clausura

Pódese consultar o programa completo no documento que se anexa.