Convocatoria para autorización dos CPI, IES e CIFP para a participación no programa de cursos para a formación complementaria en linguas estranxeiras do alumnado CUALE para o curso 2018/2019
Mar, 17/04/2018 - 09:08

Xúntase a Resolución do 5 de abril de 2018, da Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa, pola que se fai pública a convocatoria para a autorización dos centros públicos integrados, institutos de educación secundaria e centros integrados de formación profesional da Comunidade Autónoma de Galicia para a participación no programa de cursos para a formación complementaria en linguas estranxeiras do alumnado -CUALE para o curso 2018/19.

  • O prazo de presentación de solicitudes comezará ao día seguinte da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia e rematará o día 10 de xuño de 2018.