I Premio Fina Casalderrey de Literatura Infantil pola Igualdade
Mér, 14/03/2018 - 09:55
cartel

A editorial Baía convoca o I Premio Fina Casalderrey de Literatura Infantil pola Igualdade. Poderán concorrer ao premio autoras e autores de calquera nacionalidade que presenten os orixinais escritos en lingua galega conforme á normativa vixente. As obras deberán atender ao concepto de literatura infantil non sexista e coeducativa en calquera dos seus aspectos, introducindo elementos críticos que cuestionen o modelo social sexista dominante. O premio, que poderá quedar deserto se a calidade das obras non fose estimábel, considerará unha única obra gañadora, á que se lle asigna unha dotación económica de 5.000 euros.

Pódense consultar as bases do certame na seguinte ligazón ou na web da editorial.

Prazo: ata o 2 de abril de 2018.