Título node Learning object

Programa formativo "VIVE SEN TRAMPAS 2018"
Ven, 02/03/2018 - 13:34
Programa formativo  "VIVE SEN TRAMPAS 2018"

A Axencia Española de Protección da Saúde no Deporte (AEPSAD) pon en marcha o programa formativo "Vive Sen Trampas 2018".

Vai dirixido a profesores de Educación Secundaria e Formación Profesional que impartan Educación Física e materias asociadas a actividades deportivas, profesores de Educación Primaria que estean interesados no desenvolvemento de valores a través do deporte e a prevención da dopaxe e adestradores de deportes extraescolares en colexios e institutos.

A modalidade de participación é mixta: curso online cunha sesión presencial.

Datas e horarios:

Seminario Web: 19 de marzo de 2018 de 18:00 a 19:00h.

Curso online: comezo o 19 de marzo de 2018 e finalización o 20 de maio de 2018.

Xornada presencial: 23 de maio de 2018 de 16:30 a 20:30h.

Lugar: Santiago de Compostela (lugar por determinar); informarase coa suficiente antelación por correo electrónico.

 

Para inscribirse no curso remitir un email cos seguintes datos a: vivesintrampas@aepsad.gob.es 

Data límite para solicitude e inscricións: 12 de marzo de 2018.