I Concurso de carteis sobre a doazón e os transplantes
Xov, 15/03/2018 - 10:18
Logo

A Axencia de Doazón de Órganos e Sangue (ADOS) e a Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria convocan un concurso de carteis relacionado coa doazón e cos transplantes. Este concurso ten como finalidade achegar a realidade da doazón e dos transplantes á poboación escolar na nosa Comunidade Autónoma, de xeito que o alumnado sexa capaz de valorar os beneficios do fomento da doazón de órganos para a cidadanía.

Alumnado destinatario: 5º e 6º de educación primaria e 1º e 2º da ESO
Centros destinatarios: todos os centros educativos galegos.
Ampliacón do prazo de presentación das solicitudes: ata o 30 de abril de 2018.

Para obter máis información pódense consultar as bases da convocatoria no arquivo anexo.