Título node Learning object

Robótica educativa no CEE O Pino
Mér, 28/02/2018 - 10:36
Robótica educativa no CEE O Pino

O  centro atópase nos arrabaldes da cidade de Ourense. O CEE “O Pino” acolle alumnado ata os 21 anos de idade que presenten algún tipo de discapacidade psíquica ou sensorial.

A filosofía do centro xira principalmente ó redor da busca da aceptación, da autonomía e da felicidade. Formamos ó noso alumnado para acadar valores e actitudes para a súa vida.

O elemento capacitador é, sen dúbida, o Taller de Carpintaría; obradoiro dotado con máquinas profesionais que enriquece a oferta educativa. Que se complementa co obradoiro de Tecnoloxía, o de Informática, o de Habilidades da Vida Diaria e o Multidisciplinar.

A través dun currículo funcional pretendemos acadar: o seu desenvolvemento persoal, a súa autorregulación, así como o seu equilibrio emocional, entre outros.

A metodoloxía é activa e buscamos acadar a participación, motivación e o fomento da súa comunicación, imaxinación e creatividade.

Unha ferramenta valiosa é a innovación; por iso, decidímonos  a introducir a robótica educativa no currículo ofertado. A robótica educativa, entendida coma un conxunto de actividades pedagóxicas que apoian e fortalecen as áreas específicas do coñecemento e desenvolven competencias no alumnado. Esta experiencia sírvenos de canle para mellorar as habilidades, traballar o autoconcepto e fomentar o traballo en grupo. Sendo un elemento con moita carga motivacional.

 

Menús Learning object node R