Título node Learning object

Obradoiro para solicitude de proxectos europeos Erasmus+ KA2 -asociacións estratéxicas- para os sectores escolar e adultos
Ven, 09/02/2018 - 13:16
Obradoiro para solicitude de proxectos europeos Erasmus+ KA2 -asociacións estratéxicas- para os sectores escolar e adultos

A Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa, con motivo da convocatoria de Programas Europeos Erasmus + 2018, organiza un Obradoiro sobre a redacción de proxectos de KA2 - Asociacións Estratéxicas - para centros educativos de educación infantil, primaria, secundaria e bacharelato como tamén para centros de educación de adultos (EOI, as EPA, etc).

Priorízase a aqueles centros que non tiveran participado en proxectos europeos nos últimos tres cursos e desexen solicitar proxectos europeos de mobilidade KA2 na presente convocatoria 2018.

Os datos da xornada:

Data/s: 20 de febreiro de 2018. No caso de demanda repetirase o 22 de febreiro.

Lugar: CIFP Compostela (Lamas de Abade, s/n - 15781 Santiago de Compostela)

Horario: 9:30 h a 14.30 h.

Lémbrase que a convocatoria Erasmus + 2018 publicouse no Diario Oficial da Unión Europea (DOUE) o pasaso 25 de outubro:

http://sepie.es/doc/convocatoria/2018/convocatoria_es.pdf.

Para calquera aclaración ou consulta:

programas.europeos@edu.xunta.es ou 981 54 65 45.