Encontre a súa información...

Preséntanse as maletas para o traballo en Igualdade
Ven, 27/10/2017 - 14:10
Logo

A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria e maila Secretaría Xeral de Igualdade presentaron as maletas da Igualdade. Trátase dun recurso bibliográfico formado por libros de lectura para o alumnado (de infantil, primaria e secundaria) e mais para o profesorado. A súa finalidade é fornecer os centros dun recurso que poida contribuír a traballar sobre a corresponsabilidade, a diversidade, o empoderamento, os estereotipos, o feminismo, a historia das mulleres, a identidade, as relacións de parella, a violencia de xénero...

A maleta para infantil e primaria contén 43 títulos (a práctica totalidade, album ilustrado). A maleta para secundaria contén 42 títulos (obras de narrativa, poesía, teatro, banda deseñada, ensaio, divulgación).

As maletas pódense solicitar en préstamo aos distintos CFR de Galicia:

CAFI: cafi@edu.xunta.es - 981 522 411
Lamas de Abade, s/n - 15781 Santiago

CFR da Coruña: cfr.coruna@edu.xunta.es - 981 274 221
R/ Educación, 3, 2º (Edf. UNED) - 15011 A Coruña

CFR de Ferrol: cfr.ferrol@edu.xunta.es - 981 370 541
R/ O Galego Soto, s/n - 15403 Ferrol

CFR de Lugo: cfr.lugo@edu.xunta.es - 982 251 068
R/ Yáñez Rebolo, 31 - 27004 Lugo

CFR de Ourense: cfr.ourense@edu.xunta.es - 988 241 533
R/ Universidade 18, A Cuña - 32005 Ourense

CFR de Pontevedra: cfr.pontevedra@edu.xunta.es - 986 872 888
R/ Celso Emilio Ferreiro, 4 - 36005 Pontevedra

CFR de Vigo: cfr.vigo@edu.xunta.es - 986 202 370
Camiño do Chouzo, s/n - 36208 Vigo