Título node Learning object

Formación en igualdade a través do Programa Relaciona 2017
Mar, 26/09/2017 - 11:54
financiamento

Xa está aberto o prazo de inscrición na formación ofrecida a través do Programa Relaciona, un programa organizado polo Instituto da Muller para a Igualdade de Oportunidades (dependente do Ministerio de Sanidade, Servizos Sociais e Igualdade), financiado polo Fondo Social Europeo e xestionado por Fundación Confemetal.

A través deste programa ofréceselle ao profesorado formación en materia de igualdade enfocada á erradicación dos estereotipos e da violencia de xénero.

Estes cursos de formación son de especial interese para o profesorado que participa en accións encamiñadas a afondar no ensino coeducativo, pero está aberto a todo o profesorado interesado. Este curso 2017/18 ofrécense as seguintes edicións:

  • Santiago de Compostela (CAFI): luns 6, 13 e 20 de novembro. Código de referencia en FPROFE: S1702019
  • Lugo (CFR): mércores 8, 15 e 22 de novembro. Código de referencia en FPROFE: L1702017
  • Ourense (CFR): xoves 9, 16 e 23 de novembro. Código de referencia en FPROFE: O1702026
  • Pontevedra (CFR): martes 7, 14 e 21 de novembro. Código de referencia en FPROFE: P1702025

Características da formación:

  • presencial
  • homologada
  • duración: 12 h
  • prazas: 25 por curso

Podedes consultar toda a información relativa a esta formación na web da Secretaría Xeral de Igualdade.