Título node Learning object

10 centros galegos, finalistas do premio Acción Magistral 2017
Ven, 04/08/2017 - 09:05
Logo

O "Premio a la Acción Magistral" acaba de dar a coñecer os proxectos finalistas desta XIII edición. Dos 389 proxectos presentados en toda España, 48 deles desenvolvéronse en centros galegos, e 10 destes acaban de ser elixidos como finalistas autonómicos deste curso 2016/17.

 

 

Centros finalistas na categoría A:

  • CEIP de Rubiáns (Vilagarcia de Arousa - Pontevedra): O mar de Sabela.
  • CEIP Pena de Francia (Mos - Pontevedra): Na busca das cores perdidas.
  • CEIP de Laredo (Redondela- Pontevedra): Esencia Laredo.
  • CEIP Plurilingüe de Frións (Ribeira - A Coruña): Conectando valores con corazón.
  • CPI de Atios (Valdoviño - A Coruña): Eu vou ser... educando en igualdade.

Centros finalistas na categoría B:

  • IES de Cacheiras (Teo - A Coruña): Imaxinando músicas.
  • IES Nº 1 (Ribeira - A Coruña): Proyecto Libertas.
  • IES Luís Seoane (Pontevedra - Pontevedra): Tejidos de Paz.
  • IES Perdouro (Burela - Lugo): Modelo Burela de Interculturalidad.
  • IES As Barxas (Moaña - Pontevedra): Transformando realidades.

Este premio está convocado pola Fundación Antidroga, a Comisión Nacional Española de Cooperación coa UNESCO e o BBVA, y en Galicia conta coa colaboración da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria para a valoración dos proxectos. A intención desta iniciativa é recoñecer o valor dos traballos relevanes dentro do ámbito da promoción de valores sociais.

Para obter máis información pódese consultar a web oficial do premio.