Título node Learning object

Convocatorias STEM para centros públicos da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria
Mar, 12/09/2017 - 13:24
Logo da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria

 

 

 

Club de Ciencia 17/18

Seleccionaranse 30 centros públicos que impartan ensinanzas de educación primaria, secundaria obrigatoria ou bacharelato.

O prazo de presentación de solicitudes remata o 29 de setembro de 2017.

Para calquera dúbida: clubdeciencia@edu.xunta.es

Ligazón á convocatoria

Introdución á robótica educativa en primaria 17/18

Seleccionaranse ata 120 centros públicos, para alumnado de 4º, 5º ou 6º primaria e os docentes que participen como mínimo serán dous, un como coordinador.

O prazo de presentación de solicitudes remata o 29 de setembro de 2017.

Para calquera dúbida: roboticaprimaria@edu.xunta.es

Ligazón á convocatoria

Semana STEM 17/18                        

Cada centro público poderá solicitar participar con 25 de alumnos/as dun só nivel educativo 5º EP, 6º EP, 1º ESO ou 2º ESO.

O prazo para presentar solicitudes rematará o 15 de setembro de 2017.

Para calquera dúbida: asesoria.innovacioneducativa@edu.xunta.es

Ligazón á convocatoria