Título node Learning object
Descrición
Rúas de Ciencia é un proxecto de divulgación científica deseñado para achegar a ciencia á cidadanía de modo que sexan os propios veciños e veciñas dunha cidade os que cren o seu rueiro científico.
Grazas ás achegas veciñais, conseguirase visibilizar a presenza da ciencia e a tecnoloxía nas rúas dos municipios de todo o territorio español.
Cada xeolocalización irá acompañada de información adicional sobre o personaxe que dá nome á rúa, ademais das propias vivencias dos cidadáns e cidadás que axudaron á elaboración do rueiro científico, e que teñan relación coas devanditas rúas.
Deste xeito irase compoñendo un rueiro virtual no que se poderá atopar información biográfica dos diferentes personaxes e detalles sobre a vida cotiá na rúa documentada.
Participación
Para participar en Rúas de Ciencia só hai que acceder ao formulario cumprimentando os campos correspondentes:
https://callesdeciencia.fecyt.es/participa
Entidades involucradas
Rúas de Ciencia é un proxecto da Fundación Española para a Ciencia e a Tecnoloxía (FECYT), coa colaboración da Universidade de Córdoba.