Segundo prazo de solicitude de comisión de servizo en atención a situacións especiais por motivos de saúde para o curso académico 2017/2018

Xov, 18/05/2017 - 09:00

O segundo prazo de solicitude de comisión de servizos por razóns de saúde tanto para profesorado de ensino secundario como para mestres é do 19 de maio de 2017 ao 2 de xuño de 2017.

Poderán solicitar comisións de servizo de saúde neste prazo todo o persoal docente do corpo de catedráticos, ensinanza secundaria, profesorado técnico de formación profesional, profesorado de música e artes escénicas, profesorado de escolas oficiais de idiomas, profesorado ou mestre de artes plásticas, mestres que participaron no concurso de traslados.

Para solicitar unha comisións de servizos deberá acceder ao enderezo www.edu.xunta.gal/cadp e deberá facer a súa solicitude a través desta aplicación informática.

Teléfonos de contacto:

  • Profesorado de secundaria: 981 545406 e 981 545255
  • Mestres: 981 545440 e 981 545495

Correos electrónicos: