Comisións de servizos por motivos de saúde (2017)

Sáb, 15/04/2017 - 12:25

Prazo de solicitude de comisión de servizo en atención a situacións especiais por motivos de saúde para o curso académico 2017/2018

O primeiro prazo de solicitude de comisión de servizos por razóns de saúde é do 15 de abril de 2017 ao 30 de abril de 2017, ambos inclusive.

Poderán solicitar comisións de servizo de saúde neste prazo o persoal docente do corpo de catedráticos, ensinanza secundaria, profesorado técnico de formación profesional, profesorado de música e artes escénicas, profesorado de escolas oficiais de idiomas, profesorado ou mestre de artes plásticas, mestres, profesorado de relixión e persoal interino.

O persoal docente que está participando no concurso de traslados, poderá solicitar comisión de servizos por razóns de saúde unha vez que se publique a resolución definitiva da adxudicación de destinos do referido concurso.

Para solicitar unha comisións de servizos deberá acceder ao enderezo www.edu.xunta.gal/cadp e deberá facer a súa solicitude a través desta aplicación informática.

Teléfonos de contacto:

  • Profesorado de secundaria: 981545406, 981 545255 e 981545445
  • Mestres: 981545440, 981544482 e 9815545495

Correos electrónicos: