Título node Learning object

IES Plurilingüe Fontem Albei: A LOMCE e o Aprendizaxe baseado en Proxectos
Ven, 03/03/2017 - 11:54
IES Plurilungüe Fontem Albei

O centro, dende hai uns anos, ven traballando no desenvolvemento das Competencias Clave, participando nas tres edicións do programa COMBAS a nivel nacional e en diferentes programas do Plan Proxecta dende o seu inicio.

Ao mesmo tempo, a aprobación dun novo marco lexislativo levou ao claustro a plantearse a necesidade de formación principalmente en dúas liñas:

  • Por un lado vemos a necesidade de coñecer novas metodoloxías activas e en concreto plantexamos como prioritarias o Aprendizaxe baseado en proxectos (ABP), a gamificación (ou aprendizaxe a través do xogo), o Flipped Classroom (ou aula invertida) e o Mobile Learning (ou emprego dos dispositivos móbiles na aula). Tendo isto en conta, decidimos plantexar a formación en formato curso, realizando no primeiro ano do Plan un sobre ABP e Gamificación, por parecernos a priori dunha aplicación máis factible no noso centro tendo en conta a traxectoria ata agora. Deixamos, polo tanto, as outras dúas metodoloxías para o presente curso.
  • Polo outro lado, no referente ao marco lexislativo, e tendo en conta a satisfactoria experiencia de centro no COMBAS, vimos necesario plantexar a creación de dous seminarios (un por cada ano do Plan de formación) nos que puidéramos crear un documento de centro para a elaboración das Programacions Didácticas (no curso 2015/16) e de flipped classroom ( no curso 2016-17)
  • Máis información