Título node Learning object

VIII Concurso Escolar Canto tempo tes para min?
Mér, 01/03/2017 - 12:19
Logo

Período de inscrición

Do 20/02/2017 ao 31/05/2017

 

Descrición

Este concurso permite ao alumnado de Primaria e Secundaria expresar a necesidade de compartir máis tempo coas súas familias, convidándoo a crear novos espazos de conciliación.

Modalidades

  1. Alumnado de Primaria: realización dun debuxo
  2. Alumnado de Secundaria: realización dunha entrevista aos seus proxenitores.

En ambos os traballos deben quedar explicados os conceptos de tempo e conciliación.

Destinatarios/as

Alumnado de Educación Primaria (de 6 a 12 anos) e de Educación Secundaria Obrigatoria (de 12 a 16 anos) de calquera centro docente público, privado ou concertado de España.

Obxectivos

  • Sensibilizar sobre a necesidade que teñen os menores de compartir máis tempo coas súas familias
  • Crear conciencia acerca do tempo que realmente empregan os pais e as nais no coidado e educación dos seus fillos e das súas fillas
  • Promover cambios encamiñados a incrementar o tempo dedicado a eles
  • Facilitar a creación de novos espazos e actividades de relación en familia

Convoca

Comisión Nacional para a Racionalización dos Horarios Españois, coa colaboración do o Ministerio de Sanidade, Servizos Sociais e Igualdade.

Requisitos

Os traballos realizaranse individualmente ou en grupos cun máximo de tres participantes.

Máis información

ARHOE - Comisión Nacional para a Racionalización dos Horarios Españois

C/ Alcalde Sáinz de Varanda, 35 - 1ºD 28009 Madrid

Teléfono: 91 703 42 65