Resolución provisional dos centros docentes privados concertados seleccionados para participar nas actividades de inmersión lingüística “English Week” correspondentes aos cursos sexto de primaria e primeiro, segundo, terceiro e cuarto da ESO

Mar, 25/10/2016 - 09:44

Xúntase a Resolución provisional pola que se fai pública a relación de centros docentes privados concertados sostidos con fondos públicos seleccionados para participar nas actividades de inmersión lingüística en lingua inglesa “English Week” no curso 2016/2017 correspondentes aos cursos sexto de Educación Primaria e primeiro, segundo, terceiro e cuarto de Educación Secundaria Obrigatoria (ESO).

  • O prazo de reclamación é de cinco días naturais a partir do día seguinte desta publicación: ata o 30 de outubro (incluído).

NOTA: Para unha maior axilidade na xestión, poden adiantar as posibles alegacións e/ou renuncias por correo electrónico ao enderezo: xsoie@edu.xunta.es ou por fax ao número 981546550, o que non exclúe facelo segundo o procedemento administrativo establecido.