Título node Learning object

Xornada: Experiencias e Metodoloxías de Educación Inclusiva
Ven, 21/10/2016 - 10:43
Logo Down Galicia

A Federación Down Galicia organiza o vindeiro sábado 5 de novembro “Experiencias e Metodoloxías de Educación Inclusiva”, unha xornada de aprendizaxe para profesionais docentes, de orientación e equipos directivos dos centros educativos de infantil, primaria e secundaria da Comunidade Autónoma de Galicia.

O obxectivo desta formación, homologada pola Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, é contribuír á mellora da sensibilización e formación dos participantes na utilización de metodoloxías inclusivas e boas prácticas como medida de atención e optimización do proceso de inclusión educativa do alumnado con maiores necesidades de apoio educativo.

Data: Sábado, 05 Novembro 2016.

Duración: 8 horas (de 09:30h a 14:30h e de 16:00h a 19:00h).

Lugar de realización: Sede de Down Galicia (local Down Compostela). Rúa Alejandro Novo González, nº 1 –baixo. 15706. Santiago de Compostela.

Nº prazas: Un máximo de 100 participantes (a cubrir por estrita orde de chegada das inscricións  tendo  prioridade  profesorado  que  se  atope  prestando  servizo  en  centros sostidos con fondos públicos).

Custe da matrícula: Sen custe para os participantes