G1501108 Formación Inicial para Equipos Directivos 2016

No vindeiro mes de xullo, celebrarase no CIFP Politécnico de Santiago de Compostela a actividade formativa G1501108 Formación Inicial para Equipos Directivos 2016, destinada ás persoas que compoñen equipos directivos de novo ingreso.
Mér, 29/06/2016 - 19:36
G1501108 Formación Inicial para Equipos Directivos 2016
G1501108 Formación Inicial para Equipos Directivos 2016

Os días 12, 13 e 14 de xullo desenvolverase a actividade formativa G1501108 Formación Inicial para Equipos Directivos 2016, no CIFP Politécnico de Santiago de Compostela. As persoas asistentes forman os equipos directivos de novo ingreso na función directiva, co nomeamento a día 1 de xullo e que non teñan ocupado estes postos con anterioridade.

Como complemento a esta formación, e só para os directores e directoras, no inicio do curso haberá unha formación na Rede (plataforma de teleformación do servizo de formación de profesorado: PLATEGA). Aquí, ademais de profundar e ampliar os contidos do curso, tamén se habilitarán unha serie de foros nos que persoal especializado resolverá as dúbidas que xurdan durante todo o curso escolar, creando así unha rede de interacción, axuda e apoio entre o colectivo.