Resolución provisional de admitidos e excluídos das comisións de servizos por conciliación da vida familiar e laboral (2016)

Mér, 29/06/2016 - 11:57

Publícase a Resolución provisional de admitidos e excluídos das comisións de servizos en atención á situación de conciliación da vida familiar e laboral do profesorado de educación infantil e primaria, do profesorado de educación secundaria, de formación profesional e de réxime especial e do profesorado de relixión para o vindeiro curso 2016/2017.

Prazo de reclamación:

  • O prazo de reclamacións comeza o día 29 de xuño de 2016 e remata o día 5 de xullo de 2016, ambos días incluídos.

  • As reclamacións á resolución provisional deberán dirixilas á Subdirección de Recursos Humanos da Consellería de Cultura, Educación e O.U. en Santiago de Compostela, indicando o Servizo do Profesorado de Educación Infantil e Primaria ou o Servizo do Profesorado de Secundaria, de Formación Profesional e de Réxime Especial segundo o corpo ao que pertenza.