Convocatoria de prazas destinadas ao profesorado para a realización de itinerarios formativos para a mellora da súa competencia lingüística e comunicativa relativos ao Programa integral de aprendizaxe de linguas estranxeiras (PIALE) para o ano 2016

Mar, 29/03/2016 - 08:47

Xúntase a Orde do 15 de marzo de 2016 pola que se convocan prazas destinadas ao profesorado para a realización de itinerarios formativos para a mellora da súa competencia lingüística e comunicativa, relativos ao Programa integral de aprendizaxe de linguas estranxeiras (PIALE) para o ano 2016.

  • O prazo para a presentación de solicitudes será dun mes contado a partir do día seguinte ao da publicación desta orde no DOG.

Publícanse as listas provisionais de solicitudes admitidas e excluídas do programa Piale 2016. A exposición destas listas abre un prazo de dez días naturais para realizar reclamacións ou renuncias, que rematará o 23 de maio de 2016.

Unha vez que a reclamación sexa remitida por calquera dos procedementos establecidos no artigo 38.4 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, solicítase que se adiante, ademais, escaneada ao correo electrónico formaes@edu.xunta.es para axilizar a súa tramitación de cara á publicación das listas definitivas.

No caso de remitir a documentación por correo postal, deberase dirixir ao seguinte enderezo:

Servizo de Formación do Profesorado
D.X. de Educación Formación Profesional e Innovación Educativa
Consellería de Educación
EDif. Adm. San Caetano
San Caetano s/n
15781 Santiago de Compostela