Proxecto KA1 Erasmus +. Proxecto de dinamización lingüística en lingua inglesa CLIL +

Xov, 18/02/2016 - 13:07
Proxecto KA1 Erasmus +. Proxecto de dinamización lingüística en lingua inglesa CLIL +

A Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria foi seleccionada para realizar un proxecto encadrado no Programa Erasmus+ -Proyecto KA1/Movilidad de las personas por motivos de aprendizaje /Movilidad de personal de Educación Escolar-.

Trátase dun proxecto de dinamización lingüística en lingua inglesa que leva por título “CLIL +” e reúne a catro institutos de educación secundaria pioneiros no ensino plurilingüe en Galicia: o IES Plurilingüe Fontem Albei (A Fonsagrada), o IES Plurilingüe de Ames (Ames), o IES Plurilingüe San Rosendo (Mondoñedo), o IES Plurilingüe A Paralalia (Moaña).

O proxecto pretende incrementar a competencia lingüística e metodolóxica no ensino en lingua inglesa e promover o uso das TICS na clase de lingua estranxeira, valorando e fomentando, en todo momento, a importancia da aprendizaxe dunha lingua como cultura, riqueza persoal e vínculo de unión.

CLIL + levarase a cabo nos cursos 2015-2016 e 2016-2017 en dúas fases e articúlase arredor de tres piares: un curso de Platega en liña  -O ensino bilingüe da lingua inglesa a través das TIC-, unha mobilidade a Reino Unido  -concretamente a de Portsmouth- para realizar un curso estruturado de formación sobre lingua e metodoloxía en lingua inglesa e un Job Shadowing e, por último, a elaboración de unidades didácticas integradas -UDI -.