Relación provisional dos centros seleccionados en reserva e excluídos para participar en actividades de inmersión lingüística en lingua inglesa dirixidas a alumnado de sexto curso de EP e de ESO

Mar, 06/10/2015 - 14:14

Xúntanse a relación provisional dos centros seleccionados, os centros en reserva e os centros excluídos de 6º curso de Educación Primaria para participar no programa de Inmersión Lingüística en Inglés  ao abeiro da Resolución do 15 de maio de 2015 pola que se regula a convocatoria e a selección de centros docentes dependentes desta consellería para participar en actividades de inmersión lingüística en inglés dirixidas ao alumnado de sexto curso de educación primaria e de educación secundaria obrigatoria.

  •  O prazo de reclamación é de cinco días naturais a partir do día seguinte desta publicación.

 NOTA: Por mor dunha maior axilidade na xestión, poden adiantar as posibles alegacións e/ou renuncias por correo electrónico ao enderezo: asesoria.linguasestranxeiras@edu.xunta.es ou por fax ao número 981.54.65.50. O que non exclúe facelo oficialmente co selo de rexistro de envío ou correo postal.