Protexe os animais
Mér, 12/08/2015 - 13:05

Ficha técnica

Institución:

  • Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda
    • Dirección Xeral de Conservación da Natureza

Ámbito: medio ambiente
Definición: fomento da concienciación do alumnado na protección e no respecto polos animais domésticos co fin de garantir a tenza responsable dos animais
Temporización: curso completo
Alumnado ao que vai dirixido: infantil e primaria.
Límite de centros participantes: 12
Criterios de selección:

  • Representatividade das catro provincias galegas
  • Calidade do proxecto presentado. Valorarase: innovación curricular, a visibilidade das accións e a interacción co contorno do centro escolar.

Responsable do programa:

Nome: Ana Quiroga Rodríguez
Departamento: Dirección Xeral de Conservación da Natureza
Teléfono: 981 547 209
Correo electrónico: ana.quiroga.rodriguez@xunta.es

 

Obxectivo xeral

O obxectivo deste programa é concienciar a sociedade actual no respecto e na protección dos animais domésticos, asentar valores fundamentais na tenza responsable de mascotas e análise crítica dos actos e das condutas non desexadas, como o abandono e o maltrato.

Palabras clave

Maltrato animal. Medio ambiente

Obxectivos específicos

PARA O ALUMNADO

  • Comprender o concepto de animal doméstico ou de compañía.
  • Diferenciar animais domésticos e salvaxes.
  • Coñecer as características dun animal doméstico.
  • Identificar as necesidades básicas dun animal de compañía, facendo fincapé nas necesidades afectivas.
  • Comprender o significado dun abandono e as consecuencias que supón.
  • Descubrir o procedemento de adopción de animais.

PARA O PROFESORADO

  • Concenciar os nenos/as sobre a protección do medio ambiente e o respecto aos dereitos dos animais.
  • Loitar contra o abandono e o maltrato animal desde a sensibilidade e a educación na infancia.
  • Fomentar o respecto cara aos animais domésticos.

Temporización

A temporización abarca todo o curso escolar.

O programa desenvolverase en 2 etapas que lle permitirán ao alumnado e ao profesorado tomar conciencia e reflexionar sobre as condutas responsables exercidas respecto dos animais domésticos:

  1. INICIACIÓN. Actividades e obradoiros realizados nos centros escolares co alumnado e coordinadas polo profesorado do centro. As actividades, estruturadas e adaptadas aos diferentes grupos de idade, permiten aos rapaces evidenciar as condutas  non desexadas cara os animais domésticos fomentando valores de solidariedade, xustiza e respecto cara a eles. Estas actividades proporcionan o coñecemento e descubrimento de condutas responsables que favorecen o benestar dos animais domésticos e que fomentan na sociedade valores sobre a exclusión da violencia, a tolerancia e a igualdade. Estas actividades están deseñadas para o seu desenvolvemento en equipo (traballo cooperativo), favorecendo en todo momento a cooperación para a consecución dun obxectivo final en cada unha delas. O dinamismo das actividades, unido á utilización da figura dos animais como eixo favorecerá e potenciará a implicación dos rapaces. Aportarase unha guía de actividades organizadas por grupos de idade.
  2. CREACIÓN. Establécese unha segunda fase que permita evidenciar dun xeito libre a creatividade do grupo (alumnado e profesorado) exhibindo as competencias adquiridas polo grupo e as súas capacidades, coa creación dun traballo final. Este traballo final implicará a elaboración dun produto final libre, que debe aspirar a servir de ferramenta para a divulgación dos valores adquiridos na primeira fase sobre a protección animal á sociedade en xeral. Poderá utilizarse calquera formato ou medio ao alcance do grupo.

Concurso de proxectos: os centros participantes no programa terán a oportunidade de que se lles recoñeza o traballo realizado con premios (material educativo), cun distintivo que recoñeza o seu labor a prol da protección dos animais domésticos e cunha excursión a un Parque Natural de Galicia.

Actividades e recursos

  • Asistencia en centros: o programa poderá desprazarse ao centro para asesorar o desenvolvemento do proxecto naqueles casos onde se crea conveniente.
  • Material didáctico:
    • Guía didáctica de actividades organizadas por grupos de idade (descarga o PDF).

Criterios de avaliación da memoria final

Criterios xerais do Plan Proxecta

1. Participación activa do alumnado na realización do proxecto, na toma de decisións e na realización do produto final. Cómpre visibilizar claramente o traballo do alumnado a través de evidencias gráficas (a través de webs, blogs...) ou documentais.

2. Implicación da comunidade educativa (profesorado, familias e institucións do contorno) e crea entre todos unha rede de traballo cooperativo.

3. Interdisciplinariedade do proxecto (desde distintos departamentos didácticos, disciplinas ou materias) e transferibilidade.

Criterios específicos

4. Orixinalidade do proxecto e das técnicas ou estratexias empregadas na consecución de obxectivos.

5. Implicación social na realización de accións.

6. Difusión do traballo realizado polo alumnado.