Seminario EMPORT: Portuguese Language and Business in Portuguese Speaking Countries
Ven, 21/11/2014 - 11:34
Logo do seminario EMPORT

A Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa, da Consellería de Cultura, Educación e O.U é coordinadora do proxecto europeo EMPORT. Coincidindo coa última reunión do proxecto, celebrarase o Seminario "Portuguese Language and Business in Portuguese Speaking Countries" o día 28 de novembro de 2014.
Dende a Subdirección Xeral de Aprendizaxe Permanente e Ensinanzas de Réxime Especial comunícaselle a realización do devandito seminario, cuxo principal grupo destinatario son o profesorado e empresas tanto profesionais que teñan relacións comerciais con países de fala portuguesa como os que estean interesados na súa posta en práctica.

A participación no seminario é gratuíta, en caso de estar interesado en asistir deberá inscribirse no portal www.learningportuguese.eu ou enviar a  folla de inscrición (a descargar no arquivo adxunto), ao enderezo info@learningportuguese.eu. Achégase tamén o programa do seminario.