Resolución do 23 de xaneiro de 2014, pola que se ditan instrucións para o desenvolvemento da avaliación de diagnóstico nos centros educativos da Comunidade Autónoma de Galicia correspondente ao curso 2013/14

Lun, 03/02/2014 - 08:35

Publícase a Resolución do 23 de xaneiro de 2014, da Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa, pola que se ditan instrucións para o desenvolvemento da avaliación de diagnóstico nos centros educativos da Comunidade Autónoma de Galicia correspondente ao curso 2013/14.

  • A avaliación de diagnóstico correspondente ao curso 2013/14 terá lugar os días 27 e 28 de maio de 2014 para cuarto curso de educa­ción primaria e os días 3 e 4 de xuño de 2014 para segundo curso de educación secundaria obrigatoria.