Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional

Resolución provisional do concurso de traslados específico para cubrir prazas nos centros específicos de educación e promoción de adultos

Mar, 14/01/2014 - 11:01

De acordo co establecido na Orde do 16 de outubro de 2013 (DOG do 4 de novembro), publícase a adxudicación provisional do referido concurso.

  • O persoal concursante poderá presentar reclamación á puntuación outorgada, no prazo de cinco días naturais, contados desde o seguinte a esta publicación.
  • Igualmente e, no mesmo prazo, o persoal concursante poderá presentar renuncia á súa participación.
  • Para consultar a resolución provisional, unha vez autenticados, ir ao menú "Listaxes de concurso" , submenú "Listaxes de resolución".