Vacantes provisionais obxecto de provisión no concurso de traslados para o profesorado dos corpos de catedráticos, PES, PT, EOI, EAA e OA, CMUS, mestres, inspectores ao servizo da Administración educativa e inspectores de educación para o ano 2014

Mér, 18/12/2013 - 08:25

Xúntase a Resolución do 5 de decembro de 2013, da Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos, pola que se fan públicas as vacantes provisionais que serán obxecto de provisión no concurso de traslados entre persoal funcionario docente do corpo de mestres, do corpo de inspectores de Educación e de inspectores ao servizo da Administración educativa e dos corpos que imparten ensino secundario, formación profesional, ensinanzas artísticas e de idiomas, convocado pola Orde do 16 de outubro de 2013 (Diario Oficial de Galicia do 4 de novembro).