ELT Techniques. Un interesante MOOC para o profesorado de inglés

Unha interesante proposta especialmente pensada para profesores de inglés de todo o mundo. Esta proposta chega desde a plataforma WizIQ, cun curso on-line e de balde ELT Techniques: Vocabulary, que dará comezo o 29 de xullo, finalizando o 23 de agosto.
Ven, 26/07/2013 - 13:03
ilt_mooc

Un MOOC, acrónimo en inglés de Massive Online Open Course e traducido ao galego como Cursos en Líña Masivos e Abertos; é unha modalidade de educación aberta, que se observa en cursos de pre grao ofrecidos gratuitamente a través de plataformas educativas en Internet; cuxa filosofía é a liberación do coñecemento para que este chegue a un público máis amplo.

As características desta suxestiva actividade que está a piques de dar comezo podes consultalas na seguinte ligazón:

http://www.wiziq.com/course/26903-elt-techniques-vocabulary