Skip to Content

Eliminar elementos de menú

Sintoo se o tema é repetido, pero por máis que teño buscado no foro non atopei resposta á miña dúbida.

O meu problema é que non sei como eliminar os elementos de menú que veñen por defecto na web dinámica. Pódense eliminar? Ou simplemente se desactivan e quedan no menú Navegación?

En concreto, gustaríame eliminar os menús 1º curso, 2º curso, etc. e deixar simplemente Actividades culturais e EDLG. Achego captura de pantalla:

Graciñas de antemán pola vosa resposta. Este foro estame resultando realmente útil!

Eliminar elementos de menú

Un millón de gracias pola vosa axuda! Coa de voltas que lle din á cabeza e as horas que pasei intentando eliminalos. Efectivamente o único paso que me faltaba era o de "reiniciar".

De novo, gracias!

Como estes elementos de

Como estes elementos de menú están creados a partires das Categorías creadas, o que hai que facer é eliminar os termos da Categoría correspondente (Administrar > Administración do contido > Categorías).

Unha vez feito esto (no voso caso xa o tedes feito) desde o Menú (Administrar > Construcción da páxina > Menús) debemos de reiniciar todas as entradas que desexemos eliminar.

Un saúdo.

Eliminar elementos de menú

En realidade, non son elementos de menú como tal, senón que son termos de categoría. Neste caso son termos da categoría Actividades.

Se non queres que aparezan eses menús, seguramente tampouco quererás meter ningún contido neles, polo que o mais axeitado e que elimines os termos da categoría.

Para facer iso, tes que ir a Administrar->Administración do contido->Categorías e en Actividades->"Lista de termos" premes en editar. Isto abre un formulario onde podes cambiar o nome dos termos, ou se queres eliminalos, tes no fondo un botón "Borrar"



forum | by Dr. Radut