Skip to Content

Cambios no servizo ftp

Nunca tivera problemas co servizo ftp da Consellería, pero dende hai unhas semanas vexo dous detalles que perdemos: 1. Unha vez máis, agora co Firefox non se pode traballar: cada vez que queres entrar nun cartafol é necesario introducir de novo o usuario e contrasinal. 2. Xa non é posible mover arquivos (hai que baixalos, borralos e volver a subilos noutro sitio).

FTP ou net2FTP

Non sei exactamente a cal dos dous accesos vos referides.

Se vos referides á FTP, imaxino que é un problema de permisos de carpetas. Depende que usuario sexa o dono dunha carpeta vai permitir ou non mover, borrar, etc

Se vos referides a net2ftp (http://centros.edu.xunta.es/) na opción ftp (http://centros.edu.xunta.es/ftpwebcentros/) está a funcionar correctamente e permite mover arquivos, borrar ou crear carpetas.
Aclararnos con cal ferramenta desexades traballar e veremos o que realmente ocurre.

Mover arquivos no net2ftp

O net2ftp xa funciona correctamente con IE e Firefox. O único que botamos en falta é o boton de "Mover" para cambiar de sitio un arquivo.

Mover arquivos. Xa funciona

Xa están dispoñibles de novo os botóns de MOVER e COPIAR na ferramenta net2FTP.

Contrasinal

Agradecemos que volvan a estar dispoñibles estes dous botóns. Sen embargo, volvemos a ter problemas co net2ftp: tanto con IE como con Firefox o sistema interrumpe continuamente as operacións pedindo o contrasinal. Borramos as cookies, pero non hai forma de moverse polas carpetas en paz. O sistema bótanos fóra cada dous por tres. Non somos moitos os que utilizamos o net2ftp, pero vemos que non somos o único centro con problemas.

Problemas en net2ftp

Estase a revisar o net2ftp por se hai problemas nalgúns dos espazos web dos centros, xa que se comprovou que efectivamente corta a sesións

ftp

ftp

A min non me funciona nin con Firefox nin con IE. Pásame o mesmo cos dous navegadores. Entro, quero facer algo e xa estou fóra.

net2ftp

Comprovei acceso ao voso ftp e funciona correctamente.

Probade a borrar cookies

Funciona

A día 7 de xuño funciona perfectamente.

Lim funciona

Moitas grazas pola vosa paciencia.

Tamén por emprgar software libre e galego



forum | by Dr. Radut