Skip to Content

Elección tema da web.

Bos días!

Teño permiso  por parte do meu Director  para subir os meus cursos a Moodle e comenzar a introducir algúns contidos na categoría correspondente ao meu Departamento en Drupal  Os recursos que teño creados e que agora quero aloxar neste espazo do meu centro forman parte dun taballo que estiven a realizar con unha licenza de estudios. No meu Instituto, estaba activado o acceso á plataforma, pero non había ninguén para adminisrar o proxecto por falta de desacordos. Para que eu poidese traballar nesta plataforma o Director tivo que permitirme acceder como Adminstradora, para crear as categorías mínimas respecto ao meu Departamento. Eu fixen o curso como profesora creadora  de cursos en Platega este ano, paro non o de Adminstradora. Despois duns días de descanso, púxemme a facer unhas prácticas en Drupal  e tamén en Moodle. Esta mañán todo ía ben atá que probéi a elexir un tema novo para a plantilla, observando que se podían restaurar á plantilla e o tema predeterminados. Probéi con un tema novo, pensando que afectaría só ao meu Departamento, pero me decatéi de que cambiaba o tema xeral da web, así que seleccionéi restaurar plantillas predefinidas, imaxinando que se restablecería a configurada polo equipo de webs dinámicas, pero non foi así.  A nova que elexín, e que non me gustóu, era o tema "themes garland". Entonces desactivéina e seleccionéi abaixo "restaurar plantillas predeterminadas", pero sempre aparece ésta elexida, como páxina de inicio. Pode que sexa porque activéi a pestana de arriba "por defecto", que non conseguín desactivar. Quería que me fose restablecido o tema da plantilla inicial, por favor , e agradecería que me indicaran como se restablece, para non ter  de novo o mesmo problema, e tamén,  se se pode personalizar o tema para cada Departamento  senón vou traballar coa plantilla xa predeterminada por webs dinámicas, e o curso que ven eleximos a apariencia xeral para a Web.Qué fixen mal?

Grazas e un saúdo.

María José

O meu correo é : majofreba@edu.xunta.es

Plantilla por defecto

Ola María José.

O que pasou é que a plantilla que Drupal trae como plantilla por defecto é a Garland, por iso ao ti seleccionar a restauración volveu a colocar a que o sistema trae por defecto de orixe.

En cambio, a plantilla que se entrega configurada desde Webs dinámicas é a plantilla B7.

Hai que ter en conta que antes de seleccionar unha nova plantilla debemos ter activados os bloques necesarios, xa que do contrario non aparecería ningún pois por defecto veñen desactivados. Cada plantilla ten a súa distribución de bloques propia. Por iso, cando imos ao menú: Administrar > Construcción da páxina > Bloques veremos arriba de todo a lista das plantillas activas, para que poidamos configurar os seus bloques.

Agora xa vos queda novamente seleccionada a plantilla B7 no voso centro.

Un saúdo.



forum | by Dr. Radut