Skip to Content

Subir imaxes

Me parece que estamos todos dacordo en que uns dos grandes defectos da galería e a maneira de subir as fotos. De todo o que revisei e dado que o facelo por vía ftp vai desaparecer so queda o publicado en http://www.edu.xunta.gal/centros/websdinamicas/node/513. O inconveniente (menor) de que temos que ter o xp. Pero nos non o damos feito funcionar. Se alguén nolo pode explicar, a verdade sería de agradecer. Contovos que feitos os pasos a resposta é "windows non pudo conectarse a internet o el servicio web devolvió una pagina de asistente no válida". Xa puxen o modo debug, pero o que non sei e "téntao con unha soa imaxe e comproba as mensaxes de erro no xp_publish.log arquivo ubicado no directorio do Coppermine no teu servidor." Primeiro non sei onde esta o directorio do coppermine no meu servidor, e que é o que teño que mirar nesas mensaxes. Xa sei que non sei nada, pero quero intentalo. Gracias de antemán.

galeria con windows

Esta opción xa non funciona.



forum | by Dr. Radut