Skip to Content

ARQUIVOS DE SONS

Hola, de novo! Pois agora gustaríame saber se os arquivos de son, súbense como ficheiros adxuntos tamén... ou se hai outras vías... O subilo como arquivo adxunto, creando historia, engadindo unha imaxe con enlace ó arquivo (á URL esa), aparece na páxina unha imaxe como se fora de posible presentación de video... moi fea, por certo... As miñas preguntas...estou facendo outra chapuciña? hai que facelo doutro xeito? pódese eliminar esa imaxe inconvinte?? GRAZAS... Un saúdo..

Novo módulo de Audio

Ola. Estamos probando un novo módulo que permitirá subir arquivos de audio (mp3, ogg...) de forma que o reproductor sexa máis cómodo, xa non aparecerá a xanela que indeca como dun video.

No seu centro xa o pode probar, creando un contido novo e seleccionando o tipo Audio.

No apartado

Audio File Info

poderá atopar un campo para engadir o arquivo de audio a través do botón Examinar.

Como digo, este novo tipo de contido está en modo experimental, pero xa podemos contar coa vosa opinión sobre el. Nós seguiremos tamén traballando na súa configuración, traducción, etc.

Agardamos os seus comentarios, tanto neste foro como directamente no noso enderezo de correo: websdinamicas@edu.xunta.es ou a través do seu asesor Siega.

Un saúdo.

GRAZASSS!

Moito mellor... isto é outra cousa... Grazas pola "xestión" e polo AUDIO... E, agora, xa se pode face-lo enlace dende calquera historia a ese arquivo sen que apareza esa "xanela" indesexada e, inda por riba, descentrada... Repito, moitas grazas...


forum | by Dr. Radut